Coñécenos

A ASESORÍA

 

Somos un despacho de servizos profesionais de carácter integral dirixido a empresas, profesionais e paticulares, que partindo dun profundo concepto de ética, rigor e seriedade profesional , buscamos lograr a plena satisfacción dos nosos clientes a través da oferta dun servizo integral onde cada un deles sexa o principal protagonista, recibindo un trato totalmente personalizado e adaptado ás súas necesidades específicas.

O noso equipo de profesionais esfórzase cada día por ofrecer o mellor servizo de asesoramento ós nosos clientes para que estes poidan cumprir coas súas obrigas legais, laborais e fiscais. Temos como principal obxetivo prestar ó cliente o máis completo asesoramento para que alcance os seus fins económicos e sociais.

Ademais contamos con unha rede de colaboradores externos doutras áreas e materias co obxetivo de poder asesorar ós nosos clientes en calquera materia.

En Axega poñemos todo o noso empeño en acadar os maiores acertos e en que os nosos clientes poidan acadar os seus obxectivos, tanto a nivel profesional como persoal. Cremos e valoramos a calidade das relacións humanas polo que unha actitude de confianza e total implicación é o que pode esperar de todo o personal de Axega.

Buscamos a lealdade dos nosos cliente e ofrecemos para a súa consecución, compromiso e profesionalidade.

 

NOSOS SERVIZOS 

 

 

Asesoría e Consultoría Tributaria

ÁREA FISCAL - CONTABLE

"Ofrecemos servizos de asesoramento permanente ou específico en materia tributaria a empresas, autónomos, profesionais e particulares."

 

Levar unha correcta contabilidade é fundamental para todo empresario e gracias a calidade e a experiencia do equipo de profesionais de esta área, ofrecemos un trato e asesoramento personalizado co obxetivo de acadar a optimización fiscal e contable das súas operacións económicas e empresariais. Os servizos que ofrecemos son:

 

  • Confección de libros contables e confección e presentación de contas e libros anuais.
     
  • Consolidación de estados financieiros.
     
  • Confección e presentación de declaracións e liquidacións tributarias estatais, autonómicos e locais.
     
  • Planificación fiscal.
     
  • Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados.
     
  • Imposto de Sucesións e Doazóns.

 

 

PUNTO DE ASESORAMENTO Ó EMPRENDEDOR (PAE)

CONSTITUCION DE EMPRESAS

“Creamos a súa empresa de manera  rápida, sen papeis, sen desprazamentos inncesarios”

 

Prestamos de forma sinxela e clara servizos de asesoramento e información na definición das súas iniciativas empresariais e tamén realizamos os trámites administrativos necesarios para a constitución da súa empresa.

 

Estamos á súa disposición para asesorar, informar e cumprimentar todos os datos necesarios para a constitución da súa empresa. Co procedemento telemático, o emprendedor só ten que ir presencialmente ao PAE e ao notario, evitando así desprazarse para realizar os trámites restantes e sen necesidade de utilizar formularios en papel.

 

Somos un Punto de Axuda ao Emprenderor (PAE), centro dependente do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo no que se asesora e presta servizos sen ánimo de lucro aos emprendedores na creación de novas sociedades.

 

 

 

Asesoría e Consultoría Xurídica

ÁREA XURÍDICA

"Servizo xurídico laboral exclusivo para empresas, autónomos e profesionais, que engloba tanto asesoramento a través de consultas como asistencia a pleitos."

 

Servizo xurídico tributario dirixido a empresas e particulares.

 

Servizo xurídico de herdanzas

 

 

Asesoría e Consultoría Laboral

ÁREA LABORAL

"Solucións globais en materia de relacións laborais e Seguridade Social buscando cumprir cos deberes laborais e dar información para a toma de decisións no campo dos recursos humanos."

 

  • Inscripción e baixas de empresas.
     
  • Tramitación de altas e baixas de traballadores.
     
  • Elaboración de contratos de traballo.
     
  • Confección de nóminas e Seguros Sociais.
     
  • Interpretación e aplicación de Convenios Colectivos.
     
  • Declaracións trimestrais e anuais (Modelos 111 e 190)
     
  • Pensións e xubilacións.
     
  • Tarifas especiais para RÉXIME DE FOGAR