A Fiscalidade Empresarial do Emprendedor

  • Inicio
  • /
  • A Fiscalidade Empresarial do Emprendedor
A Fiscalidade Empresarial do Emprendedor

A Fiscalidade Empresarial do Emprendedor

Que trámites son necesarios para dar de alta o teu negocio? Que impostos debo declarar? Que obligacións legais ten a miña empresa? Estos e outros aspectos son clave para poñer a andar a tua empresa. Neste artigo imos falar dos aspectos fiscais que debe coñecer calqueira emprendedor ou emprendedora.


Algunhas persoas soñan con ter unha posición fixa nunha gran multinacional. Outros, buscan ser os donos do seu propio destino e, polo tanto, dos seus negocios. O emprendemento non é unha tarefa fácil, pero hai un aspecto que debe quedar claro desde o primeiro minuto: a obrigas fiscais e xurídicas que conleva crear unha empresa.

 

En España tárdase, en promedio, 13 días en abrir un negocio, segundo datos oficiais do Banco Mundial. Coñecer as normativas legais é fundamental para reducir este prazo, así como para que o funcionamento e éxito da empresa sexa o esperado.

 

Hai poucos desafíos fiscais para as empresas ou as startups. Non só ten que saber cales son os pasos para rexistrar a empresa correctamente, senón tamén cal é o procedemento para declarar os impostos correspondentes,as obrigas legais cos traballadores da empresa ou as demáis obrigas legais cas diferentes instituciones.

 

Independientemente da natureza do negocio que se vai crear, hai tres procedementos xenéricos que deben levarse a cabo para iniciar a actividade no marco da legalidade:

 

  • Rexistro da empresa no Rexistro Mercantil.
     
  • Visita ás autoridades fiscais: cómpre rexistrarse no Imposto sobre Actividades Económicas (IAE) e do IVE, así como obter o CIF e facer a declaración do censo de inicio de actividade.
     
  • Rexistro da empresa e os seus empregados na Seguridade Social.

 

 

Con todo, tamén se esixe a empresa, como é o caso de calquera establecemento de venda polo miúdo,  de obter unha licenza municipal para abrir a actividade nun determinado concello. Estas licenzas deben pedirse na casa do concello.

 

Aínda que a empresa teña todos os papeis en orde, as obrigacións tributarias non terminan alí. Os empresarios deben manter actualizados os impostos para non cometer un delito. Entre outras cousas, é responsable da xestión de impostos directos (IRPF, IS, IAE), os impostos indirectos (IVE), impostos locais e da CCAA, procedementos fiscais, censos e declaracións anuais ou facturas.